viernes, 7 de enero de 2011

Los de Disney y sus ambiciones suicidas

Las ambiciones suicidades de Disney han ido evolucionando con el paso del tiempo de tal manera que ahora nos las está transmitiendo a nosotros. Comencemos por el principio.


En todos los clásicos Disney el personaje es un suicida. Por ejemplo, tenemos a Cenicienta, que primero se pone unos zapatos de cristal para ir al baile, valla idea porque si ya con unos zapatos normales te duelen los pies, no quiero imaginarme como le quedaron a ella despues de esa noche... de todas maneras, siempre estará su madre por detrás diciendole que ande con ellos por casa para que se le ancheen, y despues se sube en una calabaza gigante, ¡tirada por ratones! Por si fuera poco, la calabaza no tiene pasada la ITV ni nada, como para quedarse sin frenos y estamparse contra una batidora. También tenemos a Blancanieves, esta si que es suicida, soborna al ''espejito mágico'' de su ama para que diga que ella es la más hermosa porque si no, no me explico como puede ser que el espejo este diga que es ''la más hermosa del lugar''. Además de eso, ¿a quién se le ocurre abrirle la puerta a una vieja con esa cara? 
Seguro que despues de ese día se inventaron las mirillas.
Como estos dos personajes, el resto igual.


Ahora les va más hacer que la gente se suicide, ¿que cómo lo consiguen? Fácil, contratan a gente como Justin Bieber y lo ponen por todos lados, claro, con los tiempos que corren, a la gente le cunde más suicidarse que aguantar unos meses.

jueves, 6 de enero de 2011

A publicidade e os anuncios

Ultimamente a publicidade está por todas partes, nos camións, nos autobuses, nas paredes, na televisión, na radio, nas bolsas, na roupa… Todo o mundo fai publicidade sobre todo o imaxinable e en ocasións, sobre cousas inimaxinables, por exemplo, anuncian por internet, grazas a Deus, que podes ensinarlle ao teu gato a usar o servizo mediante tres obxectos semellantes a unhas circunferencias que conteñen pedras. Terían que explicar para que serve que o teu gato faga de ventre no teu servizo porque o único que consegues ensinándolle iso é aumentar a espera que hai polas mañás na porta do baño. Que será o seguinte? Ensinarlle a ir cobrar a lotería para evitar aos dos bancos que veñen cos seus paraugas con publicidade, aínda que non chova, a ofrecerte un microondas súper potente ou unha neveira con televisión incorporada se gardas o teu diñeiro no banco no que traballan e cousas parecidas? Se me tocase a lotería algún día, gardaría todo debaixo da cama que aí se que non corres o risco de caer na quebra.
Volvendo ao tema da publicidade é interesante comentar que os políticos aí tan entregados ao pobo como aparecen sempre nos mitins, se gastan millóns de euros en publicidade, que se alugar un auditorio, que se bandeiriñas, que se os coches estes que van cos altofalantes dicindo que votemos a este ou ao outro… En fin, mil cousas que non serven para nada máis que para malgastar o diñeiro do pobo ao que tanto queren.
Fai un tempo estaba eu vendo un partido de fútbol cando de súpeto, a pantalla púxose toda negra un momento e logo apareceu un anuncio de Toyota, en medio do partido! Como se dunha enfermidade se tratase, aos poucos días anuncian nos deportes o seguro a todo risco de Génesis, o móbil que o sabe todo e unha pizzería que promete entregarte a pizza en menos de media hora, que por certo, teñen alí a un señoriño todo o telexornal agardando para levarlles a pizza aos presentadores 25 minutos despois de facer o anuncio.
 Como non, está a mítica publicidade das películas e series que meten como quen non quere a cousa. A película na que máis me chamou a atención este feito foi nunha que vin o outro día na Sexta que se titulaba ‘Naufraxio’ ou ‘Náufrago’, non o recordo ben. Pois nesa película, a cal me gusta bastante, aparece publicidade constantemente dunha compañía chamada Fedex. Primeiro na avioneta na que viaxa o protagonista, despois na caixa que mata a un dos pilotos e por último, en varias caixas de cartón que lle chegan ao naufragado ata a illa na que foi parar arrastrado pola corrente, das cales garda unha para finalizar a película e, como non, amosa ben o nome da empresa para que se vexa claro. Tamén pasaba algo semellante no ‘Internado’ ao principio había uns homes que levaban unhas caixas coa publicidade da empresa anunciante ao internado e para ocupar máis pantalla, enfocaban as caixas mentres o encargado firmaba un documento, e iso pasaba todos os capítulos ata que por unha seria de feitos non lles podía chegar nada do exterior e pasaron, de mandar a un home a un internado a entregar unha caixa con ferramentas ou calquera outra cousa, algo razoable, a mandalo a un campamento militar que rodeaba dito internado, pero o procedemento era o mesmo, o home acercábase ao encargado, pedíalle que firmase e, mentres tanto, enfocaban descaradamente a caixa coa publicidade.
Isto pasa constantemente, ás veces facer publicidade é necesario porque hai xente que precisa do apoio dunha marca para levar a cabo os seus fins e a cambio da axuda prestada, o interesado ten que facer publicidade do seu patrocinador pero outras veces é simplemente para gañar máis e máis diñeiro.
Para ir rematando xa, por último falar da parte máis importante da publicidade, os anuncios. Os anuncios e a parte máis importante porque fannos recordar, a base de metelos constantemente nos intermedios, o que fai cada produto, algúns exemplos:
-          Cillit Bang e a suciedade vaise nun bang!
Ou quen non coñece a Don Limpio! Os expertos o recomendan para a madeira!. Tamén están os produtos que de tan coñecidos que son, lle quitaron o nome orixinal ás cousas como Kleenex, Chupa Chups, ColaCao, Coca-Cola…
Por outra banda están os anuncios da DXT, do Ministerio de Interior, de Exterior, do goberno en si, das eleccións ao Parlament de Cataluña, da igrexa, etc. Estes últimos son os peores xa que piden diñeiro por ‘falar con Deus’ e transmitirllo á xente. Como non usen ese diñeiro para pagar a factura telefónica non sei para que demos o queren, minto, si que me fago unha idea de para que o utilizan, para vivir a corpo de rei sen facer máis que ler un libro e beber viño todos os días, polo menos, iso fan case todos os curas, bispos, e todos eses ata chegar ao papa, o peor de todos eles. Pero mellor non entrar en polémica ca igrexa que se non imos ao inferno…
Deixando a un lado a igrexa, que non pinta nada aquí, tamén hai que dicir que os anuncios referidos ao goberno xa son pesados de por si, e aínda por riba, poñen todos os días varios de eses anuncios que conseguen convencer ao espectador de ir ao servizo aínda que non teña ganas. Algo semellante pasa cos anuncios da DXT, demasiado fortes, creo eu. Paréceme moi mala forma de tentar convencer a alguén de que teña coidado conducindo, coa figura dun neno atravesando o parabrisas ou dunha familia zarandeándose dentro dun coche mentres este da voltas de campá, xa que unha persoa que vai coa súa familia, co seu fillo, co se primo ou con quen sexa que vaia da súa familia, non fai parvadas ao volante. Pero por fortuna ou por desgraza eu non entendo diso.
Como punto e final, falar deses anuncios que nos fan rir polo que neles se fai ou simplemente pola súa diferenza dos demais, un bo exemplo desto último aparece nos anuncios do Mercedes que dicían o de: ``Hoxe é Venres, o mellor día da semana xa que despois del, ven o Sábado´´ e que agora din: ``Por que non facer o día do tío tecnolóxico? Ese que di cousas raras como…´´
Nos guste ou non nos guste a publicidade estará sempre ao noso arredor e, paréceme a min, que cada vez máis presente ata que chegue un momento en que o gato acabarase limpando con papel no que apareza publicidade.