miércoles, 9 de marzo de 2011

Un mal día



O gran día chegara, recibiría o videoxogo que levaba pedindo un mes. Eran as 12 da mañá e tocaron ao timbre, era o repartidor. Baixei a toda presa as escaleiras, tan a presa que case maio un par de veces. Ao chegar á porta principal do edificio puiden ver o paquete, sostido por aquel home ¡, a través do cristal. Abrín a porta e collín o paquete. Eu tan contento xa me ía de volta cara as escaleiras cando ao levantar a vista dinme conta de que tiña que pagar ao repartidor. Ala, a subir escaleiras outra vez. Cando cheguei á porta escoito ao repartidor gritar:`` Caéronche as chaves aquí!!’’ Merda, outra vez para abaixo, chego alí, dáme as chaves e volta para arriba. Entrei en casa ca lingua fora e cunhas tremendas ganas de mexar que apareceron de súpeto. Fun baldeirar líquidos e volvín baixar escaleiras, cheguei onda o repartidor e déronme ganas de pegarme un tiro, esquecera o diñeiro! Ala, para arriba outra vez!
Cheguei a casa, metín a man no peto e… non había chaves! Deixáramas dentro antes. Volvín baixar e llo expliquei ao repartidor, o cal ría por non chorar.
Estivemos agardando pola miña nai durante unha hora e media pero nada, polo que, se despediu de min, montou na camioneta e marchou. Xusto cando se encamiñaba á estrada xeral vin o coche da miña nai, que se achegaba, ao lonxe. Corrín para avisar ao repartidor antes de que fora tarde pero cando ía parar, eu choquei contra un farol e caín ao chan. O repartidor, ao non ver a ninguén, marchou e eu tiven que agardar dous meses máis para poder xogar porque a miña nai castigoume por deixar as chaves na casa e ter que chamar a un cerraxeiro para poder entrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario